Skip to content

RecunchoMaker/repote

Folders and files

NameName
Last commit message
Last commit date

Latest commit

 

History

6 Commits
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Repository files navigation

Repote (rego programable por Telegram)

Repote o é un pequeno dispositivo para controlar por medio de Telegram un relé. Pódese encender ou apagar mediante mensaxes, así como programar tempos de encendido e apagado. Está pensado para un pequeno rego automático de unha fase, ainda que se pode usar para encender de forma periodica calquera dispositivo.

Hardware

Utiliza un controlador Lolin (anteriormente Wemos), un rele activable a 3,3 V. e un trafo conversor de 220v a 16v (ou o que sexa necesario para alimentar a electroválvula).

E importante conectar o pin RESET a D0 para que o ESP8266 poida volver do modo Sleep

Instalacion

  • Instala a ultima versión de PlatformIO (patformio.org)
  • Crea un bot de Telegram con GodFather
  • Clona o repositorio con git clone https://github.com/RecunchoMaker/repote.git
  • cd repote
  • cp platform.sample.ini platform.ini
  • Edita o arquivo platform.ini, poñendo as túas credenciais Wifi, o token do bot, e o chat_id do usuario con permisos para controlar o dispositivo
  • pio run --target upload

Funcionamento

O dispositivo arranca e unha vez conectado á rede consulta a data e hora nun servidor NTP, carga a programación de encendidos/apagados na EEPRON e manda unha mensaxe de benvida. A partir de aquí pódenselle enviar os seguintes comandos:

  • estado: amosa a data/hora, o estado actual (encendido/apagado) e o listado de programas
  • enciende (n minutos): encende inmediatamente o rego. Opcionalmente pódese especificar un número de minutos
  • apaga: apaga o rego.
  • enciende de hh.mm a hh.mm: programa un rego dende/ata as horas especificadas, en formato hh.mm
  • borra n: borra o programa número n, segundo os indices que se amosan no comando estado.
  • desactiva (n) : desactiva todos os programas, ou opcionalmente un número específico de programa.
  • activa (n): activa todos os programas, ou opcionalmente un número específico de programa.
  • save: graba os programas na EEPROM. Se non se graban explícitamente, se graban automáticamente ao pasar ao modo Sleep.
  • load: recupera os programas da EEPROM

O dispositivo entra en modo SLEEP para aforrar consumo pasado un intervalo de tempo dende a última mensaxe, así que non responderá inmediatamente aso comandos (pódese reducir, aumentar ou incluso evitar ese retardo coa variable TIME_AWAKE_WHEN_MESSAGES.

About

Rego programable por Telegram

Resources

Stars

Watchers

Forks

Releases

No releases published

Packages

No packages published