Skip to content
Rafa Couto edited this page Jan 21, 2016 · 15 revisions

Marcador da pisciña Santa Isabel (2015.11)

Na primeira visita, atopamos a primeira dificultade: baixar o marcador do seu emprazamento. A caixa é de ferro, e está moi oxidada. O peso debe ser uns 100Kg, polo que tentar baixalo a pulso con dúas escaleiras, non é moi boa idea.

Vista do marcador

En vista do éxito, decidimos, a lo menos, desmontar algúns elementos da súa parte frontal. Desmontamos os carteis de "local" e "visitante" e descubrimos a bucina de aire comprimido, xunto có compresor (activado cun relé) e a súa fonte de alimentación, composta por un transformador toroidal e unha ponte de diodos.

Bucina

Tamén desmontamos un dos grandes díxitos de 7 segmentos.

Díxito (parte traseira)

Ao díxito chega un conxunto de 7 cables. Dous máis grosos, que corresponden a alimentación dos leds (+Vcc=7v? e terra), outro co positivo da alimentación da lóxica (+Vdd=5v, a terra é común á outra alimentación), e 4 liñas de datos. Todos o cables están soldados directamente á placa, sen utilizar o conector, que está en moi mal estado. Isto indica que xa foi reparado en moitas ocasións.

Todos os elementos metálicos, incluíndo as patas dos leds que forman os segmentos, están moi degradados.

Detalle leds

A lóxica está composta por 5 circuítos integrados.

Circuítos integrados

O primeiro é un codificador BCD-7 segmentos (74LS247), do que sae unha liña para cada segmento do díxito. Cada liña pasa despois por un inversor (2* 74LS04) e logo por un Darlington (2* ULN2803A), que é quen fai a conmutación dos leds.

Os leds están en grupos de tres en serie con unha resistencia de 100 Ω (tamén hai grupos de dous leds, cunha resistencia de 270 Ω). Os segmentos verticais están formados por 21 leds (7 grupos de 3) e os horizontais superior e inferior por 27 (9 grupos) e o central por 25 (7 grupos de 3 e 2 grupos de 2 leds). En total, 163 leds.

O esquema electrónico e o seguinte:

Esquema electrónico